Lata
Imaxe de Miguel A. Padriñán en Pixabay.

Economía circular
O mito da Economía Circular

O reciclado perfecto que nos anuncian é fisicamente imposible e parte de taxas ridículas a nivel mundial.

Coordinador do Instituto Resiliencia

4 ago 2021 06:09

“A transición da UE a unha economía circular reducirá a presión sobre os recursos naturais e creará crecemento sustentable e empregos”. Quen afirma isto non é ningún alumno que suspendera matemáticas de 2º de primaria ou que faltara á clase cando explicaron que polo menos desde tempos de Euclides, os círculos teñen raios constantes, é dicir, que non poden medrar. Afírmao nada menos que a Comisión Europea, na presentación no seu web oficial do Plan de Acción para a Economía Circular, como parte do European Green Deal. E non só pretende conseguir esta xeometría imposible que conxugue circularidade metabólica da economía (que todo o que sae volva entrar, e que todo o que entre proveña do ciclo anterior) con crecemento, senón que o pretende lograr en menos de trinta anos! “É un prerrequisito para conseguir o obxectivo de neutralidade climática da UE en 2050”, pódese ler na mesma páxina. Pois se temos como requisito previo algo que é matematicamente imposible, xa podemos imaxinar as posibilidades que temos que chegar á ditosa “neutralidade climática”: un cero ben neto.

Economía
Camiño a Thanatia
Os científicos Alicia e Antonio Valero avisan da morte previsible da nosa civilización mineira.

Así, non é de estrañar que un dos meirandes especialistas europeos en recursos minerais, o catedrático da Universidade de Zaragoza Antonio Valero, afirme no libro-entrevista Thanatia ao respecto dos supostos obxectivos públicos ao redor da economía circular: “Estásenos tratando coma se fósemos parvos”. Neste libro explican el e mais a súa filla Alicia, directora de Ecoloxía Industrial no Instituto CIRCE, que “é simplemente imposible reciclar todo o volume dunha determinada materia” e que o motivo disto reside en que “sempre existirán procesos de dispersión, irreversibilidades, etc.”: isto é, a teimuda segunda lei da Termodinámica. Cualifican o lema da economía circular de “fermoso oxímoron” ou de “estupefaciente”, e explican que “nos procesos de reciclado non existen círculos, unicamente espirais”. Eles propoñen, xa que logo, coas leis da termodinámica na man, unha realista “economía espiral”, na que en cada ciclo dos procesos económicos se vai tendo que usar cada vez menos materiais e menos enerxía, algo que soa moito ás propostas do Decrecemento.

Nos procesos de reciclaxe non poden existir círculos, apenas espirais.

Algúns defensores da economía circular sinalan a Biosfera como modelo, un sistema onde se reciclan completamente (ou case, porque o 100% é termodinamicamente imposible) todas as materias, e que se nutre para ese incesante labor de reciclaxe a escala planetaria unicamente da enerxía renovable procedente do sol. Porén, con todo o que ten de referencia para a defensa dunha biomímese, no cerne de propostas como a Permacultura ou a Agroecoloxía, pretender que as economías mundiais, que apenas reciclan no seu conxunto un 6% da materia (segundo o estudo de 2015 “How Circular is The Global Economy?”) e que usan enerxía apenas nun 11% renovable, cheguen a alcanzar o carácter case perfectamente circular da Biosfera, e que o fagan sen abandonar o modelo capitalista actual, que precisa medrar constantemente, resulta unha perigosa fantasía.

As persoas que aseguran “se a Biosfera pode, nós tamén” esquecen que Gaia está dedicada simplemente a se automanter, e que o fai grazas a uns fluxos de enerxía permanentes mais moi modestos e dispersos (aprox. 1 W/m2) mentres que a Megamáquina capitalista-industrial o que busca é crecer incesantemente e precisa dunhas densidades enerxéticas (100 W/m2 ou máis cada vez que nos peta) que só foron posibles grazas ao chute irrepetible da enerxía fósil. “Mentres a demanda aumente ano tras ano, nin mesmo reciclando preto do 100% de material poderiamos prescindir da extracción”, afirma Alicia Valero en Thanatia (p. 118). E exemplifícao cun caso que coñecemos ben, o do aluminio, un dos metais que máis se recicla no mundo: ao ritmo actual precisariamos dous séculos e medio para chegar a unhas taxas de reciclaxe do 98%, pero aínda así, se a demanda aumenta un 2% anual, teriamos que seguir duplicando a extracción de bauxita cada 35 anos!

Vertedero
Vertedoiro. Fotografía de Jullien Belli.

O máis sangrante é que esta ridiculez imposible da Economía Circular a están a defender con plena seriedade as instancias que nos gobernan, desde a UE co seu plan CEAP, até o goberno español, ou mesmo o galego. “Tanto a economía mundial como a da UE están aínda moi lonxe dunha economía circular. Tendo en conta un crecemento medio do consumo material mundial de preto de 3,6%, non está á vista na actualidade”, concluían os autores do devandito estudo publicado no Journal of Industrial Ecology. Xa que logo, semella máis un slogan insultantemente baleiro ca unha realidade transformadora das nosas sociedades cara á sustentabilidade.

A Biosfera recicla preto do 100% pero non ten que termar dun crecemento perpetuo nin acumular materiais en stocks industriais.

Da mesma maneira que nos pretenden facer crer que van descarbonizar a economía a base de construír parques eólicos, trens que anden con hidróxeno e coches a batería, queren que creamos que a van circularizar só con mellorar un pouco a reciclaxe, aplicar tépedas medidas de redución do lixo e usar algúns refugallos como materia prima nunhas poucas industrias.

De tomarnos realmente en serio o obxectivo de facer quasicircular a economía, do primeiro que habería que desprendernos sería do obxectivo de facer medrar o PIB a cada ciclo. En consecuencia, habería que desprenderse tamén do Capitalismo, algo que de todos os xeitos tamén deberiamos facer para cumprir os nosos obxectivos climáticos e de transición enerxética e simplemente sobrevivir á desfeita que causamos no sistema climático do noso planeta. En segundo lugar deberiamos basear as nosas economías de novo principalmente no sector primario, ao tempo que o reconvertemos a un modelo 100% agroecolóxico, pois soamente as economías agrarias tradicionais ou que sigan novos paradigmas como a Permacultura, poden realmente reciclar e recuperar a totalidade dos recursos. Pero unha sociedade que virou basicamente unha “civilización mineira” (Valero & Valero) e industrial, non ten xeito de ser circular.

Un dos motivos que sinalaba o estudo publicado no Journal of Industrial Ecology é que as sociedades industriais acumulan moito material en forma de stocks en uso. A economía deste tipo de sociedade insustentable trazou desde o comezo unha xeometría en forma de espiral en expansión exponencial que foi acumulando até proporcións descomunais materiais en forma de edificios, estradas, fábricas e máquinas ademais de en residuos por terra, mar e aire. Agora cómpre deter canto antes o crecemento desa espiral, como fai o caracol símbolo do Decrecemento cando alcanza a madurez, e ir máis aló: reverter a espiral para facela decrecer, para “adelgazar o noso metabolismo” (Carlos de Castro) e así abandonar a súa mórbida obesidade antes de que nos mate. É a economía magra que defendía tamén David Fleming, a economía homeostática de Herman Daly na que nos podermos estabilizar, daquela xa moito máis preto dun círculo. Iso sería “falar en serio de economía circular”, sen o cal, advirte o profesor Valero, “a descarbonización non tería sentido”. Alicia Valero sinala, pola súa banda, que “construír unha verdadeira economía circular ten que pasar por abandonar o mito da reciclaxe coma círculo perfecto no que o consumo non é destrución, senón un intre dun ciclo eterno de recuperación total”.

A Transición Enerxética vai camiño de producir un xigantesco efecto rebote que nos afaste aínda máis da Economía Circular

As implicacións desta falta de circularidade actual e previsible para os plans de Transición Enerxética dos nosos gobernos fan que, mesmo se houber materiais para crear unha primeira xeración de instalacións de captación de renovables (algo que poñen en dúbida diversos estudos) que chegasen a fornecernos cos 12 TW que ten calculado Antonio García-Olivares, por exemplo, chocariamos en apenas unha xeración (pois é a súa vida útil aproximada: 20-25 anos) coa necesidade de reemprazalos, construíndo outro sistema totalmente novo, e tendo ademais que empregar non pouca desa enerxía en tentar reciclar o máximo posible dos sistemas vellos. Así, o “maior efecto rebote da historia da Humanidade”, que segundo os Valero vai camiño de supor a Transición Enerxética tal e como está formulada, vai implicar que lonxe de achegarnos con ela á circularidade da nosa economía, imos aumentar o seu carácter extractivo, para construír todas as instalacións de captación de enerxía renovable con materiais moi difíciles ou imposibles de reciclar.

Porén, outro tipo de renovables que realmente contribuísen a achegarnos á circularidade serían posibles, defenden algúns autores, como os sistemas que empregan a enerxía térmica do sol para fornecer calor ou a forza do vento e da auga para mover maquinaria in situ (sen precisar liñas de alta tensión, baterías, plantas de hidróxeno verde ou sistemas complexos de transporte e almacenaxe, e construíbles con materiais máis sinxelos de obter e de reciclar), algo moi achegado ao que foron os usos tradicionais das múltiples formas da enerxía renovable coñecidas e aproveitadas desde hai milenios pola nosa especie: forxas, muíños, batáns, fornos, veleiros... Mais isto sería, con toda seguridade, insuficiente para termar dunha civilización capitalista do crecemento perpetuo na que a enerxía e o poder acadaron niveis de escala e concentración xamais vistos na nosa historia.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Economía social y solidaria
El Salto Radio Hacia una economía social diversa y antirracista
En el cuarto episodio del podcast “Desmantelando” conversamos con Lamine Bathily de Top Manta y Maritza Buitrago, activista antiracista y cooperativista de Coop57, sobre cómo llevar el antirracismo al cooperativismo
Culturas
Rural A recuperación da taberna tradicional galega como dinamizadora social
A taberna galega reinvéntase para acoller espectáculos de música, literatura, artes plásticas e visuais, entre outras moitas actividades que dinamizan a cultura do país pola súa xeografía.
Crisis climática
Entrevista Andreu Escrivà: “La economía circular es físicamente imposible”
El ambientólogo y divulgador Andreu Escrivà vuelve a la carga con ‘Contra la sostenibilidad’, un libro donde destapa las estrategias comunicativas que el capitalismo verde cuela en el lenguaje para perpetuarse.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Oriente Medio
Irán El Gobierno de España muestra su “preocupación” por la situación en Irán pero evita señalar a Estados Unidos
El ministro José Manuel Albares ha llamado a la desescalada y anuncia que las embajadas en la zona están plenamente operativas para atender a los ciudadanos españoles ante cualquier eventualidad.
Green European Journal
Green European Journal ¿Por qué los hombres blancos sucumben a la extrema derecha?
Aunque no solo son hombres quienes votan a la extrema derecha, la oleada ultra coge fuerzas a nivel global gracias a ellos. En vez de confrontar las desigualdades, los varones culpan a grupos minorizados de las dificultades económicas.
Sexualidad
Sexualidad feminista Pitu Aparicio: “Yo no he visto en el supermercado productos para el olor a pene”
Pitu Aparicio quiso centrar su formación en los dos tabús con los que creció: el sexo y las drogas. Una vez se hubo formado, decidió que su principal tarea era divulgar todo ese conocimiento que se nos había vetado.
Pensiones
Pensiones Cotizaciones ficticias, ¿un parche en la brecha de género en las jubilaciones?
La compensación por cuidados de hijos y familiares puede llegar a sumar hasta cinco años de cotización, pero no es suficiente para que muchas mujeres logren la pensión digna.
Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Italia
Enfoques Biocidio: la larga lucha contra la catástrofe ambiental en la Tierra de los Fuegos
Durante tres décadas, empresas, particulares y organizaciones criminales, con el beneplácito del Estado italiano, convirtieron esta región ubicada en Campania en una de las más contaminadas de Europa.

Últimas

Francia
Francia La izquierda francesa revalida sus liderazgos para recomponer la unidad y ganar en 2027
El socialista Faure, la ecologista Tondelier y el comunista Roussel siguen liderando sus respectivos partidos y mantienen el pulso al líder “insumiso” Mélenchon, en un Nuevo Frente Popular debilitado por sus disputas internas.
La vida y ya
La vida y ya Perturbaciones intermedias
En los intervalos intermedios, donde la frecuencia de las perturbaciones no es alta ni baja, parece darse un equilibrio que favorece la biodiversidad.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Da La Nota: la música como herramienta de emancipación
El programa musicosocial, nacido en Lavapiés, cumple diez años brindando formación y acompañamiento psicológico a niñas, niños y jóvenes.
Madrid
Fotogalería Más de 10.000 personas se manifiestan en Madrid por los 20 meses de genocidio en Gaza
La marcha por el centro de la ciudad fue convocada por la plataforma Fin al comercio de armas con Israel y la Red solidaria contra la ocupación de Palestina.
Ayuntamiento de Madrid
Orgullo en Vallecas “Frente a las trampas de la administración, Orgullo de barrio y autogestión”, lema de la manifestación LGTBIQ+
Con la manifestación de Orgullo Vallekano de este sábado, a las 18 horas desde la avenida Buenos Aires, se inician las diversas celebraciones del mes de la diversidad sexual en los barrios de Madrid.
Más noticias
Córdoba
Genocidio Un acto en el centro de Córdoba recordará a los más de 15.000 niñas y niños asesinados por Israel
Se prevé que el acto dure desde las 8 de la mañana hasta la madrugada del domingo por la longitud de la lista. “El recuerdo de estas niñas y niños no puede ser borrado como un número más”, afirman desde el colectivo convocante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.

Recomendadas

Pensamiento
Vincent Bevins “Me irrita que se piense que la decisión de usar la violencia la toman los activistas y no el Estado”
El autor de 'El método Yakarta' vuelve con 'Si ardemos', un ensayo sobre las protestas que tuvieron lugar en la primera década de los años diez en muchas partes del mundo.
Río Arriba
Río Arriba Brenda Chávez: “El consumo es un desmovilizador social, es el opio del pueblo”
Segunda entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de consumismo, Trump, gastos de recursos, economía social, clases medias y mucho más.
Economía social y solidaria
Litigios estratégicos La economía social llega a los tribunales: el auge de los juicios con impacto social y medioambiental
La litigación estratégica va tomando fuerza en España como herramienta de defensa de derechos humanos y de modelos económicos más sostenibles y justos social y medioambientalmente
Sindicatos
CCOO Euskadi Santi Martínez: “Sabemos que si algo molesta a Vox, además del feminismo, es el sindicalismo”
El nuevo secretario general de CCOO Euskadi tiene claro que “cualquier votante del PP o de Junts trabajador por cuenta ajena está a favor de la reducción de jornada”